A irmá dun dos últimos fusilados do franquismo acode á ONU pedindo a anulación daquela condena que provocou unha repulsa mundial
"Loito por limpar o nome do meu irmán. Por escribir a palabra asasinado onde agora di asasino", explica Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto, un do últimos cinco fusilados do franquismo. Onte cumpríronse 35 anos da súa execución, dez máis dos que tiña Baena cando foi fusilado xunto a Ramón García Sanz, e José Luís Sánchez Bravo, membros, como el, da Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota (FRAP), e Anxo Otaegui e Juan Paredes, Txiki, de ETA. O papa Pablo VIN solicitou até tres veces a Franco que cancelase as execucións, a última, a noite anterior, pero o ditador pedira que non se lle molestase, e ninguén lle desobedeceu. Franco foise así como chegara: fusilando. Morreu menos de dous meses despois.
Baena, García Sanz e Sánchez Bravo foron condenados á morte polo asasinato dun policía e un garda civil nun consello de guerra sumarísimo que aplicaba de forma retroactiva a lei antiterrorista de agosto dese ano. A muller de Sánchez Bravo estaba embarazada dunha nena á que puxo de nome Luisa Humberta Ramona, en recordo do tres fusilados. "O xuízo foi unha farsa absoluta", lembra Gerardo Viada, avogado de García Sanz. "Non tiñan nin unha soa proba. E aos avogados botáronnos da sala. A min sacoume un policía militar a punta de metralleta". Christian Grobet, un observador da liga Internacional para a Defensa dos Dereitos Humanos que se coou no xuízo, cualificou o proceso de "simulacro" e "farsa sinistra".
A familia de Baena leva 35 anos loitando por anular a súa condena. O seu pai e a súa nai tentárono ata que morreron. Desde o ano 2000, continúa a súa irmá Flor. "Ao chegar a democracia, o meu pai levou a Madrid a carta que lle escribiu unha testemuña que dicía que o meu irmán non era o asasino. Ao ver a súa foto en televisión, deuse conta de que estaban a acusar a un que non era e foi á xefatura de policía. A primeira vez non quixeron atendela, a segunda metérona nun despacho, un policía sacou a súa pistola, púxose a xogar con ela, e díxolle: 'señora, esquecer. Todos están no mesmo saco'. Ela sentíase culpable. O meu pai tamén levaba a dúas testemuñas que podían demostrar que o meu irmán estaba aquel día en Portugal, pero dixéronlle que non había nada que facer".
Fernando Baena nin sequera puido enterrar ao seu fillo. Dixéronlle que o coche fúnebre chegaría ás 12 e enterrárono ao oito. "O meu pai dicía que lle tiñan medo até morto. Aquilo esnaquizouno".
En maio de 2004, o Tribunal Constitucional rexeitou o recurso interposto pola nai de Baena. "De forma trágicamente incontestable" , aseguraban os maxistrados, non podían intervir no caso, posto que a sentenza produciuse cando aínda non había Constitución. En 2005, o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo deulles unha contestación similar: no momento en que ocorreron as execucións que inspiraron a Luís Eduardo Aute a canción Á alba, España non asinara o convenio de Dereitos Humanos. Flor Baena acudiu tamén á Comisión de Dereitos Humanos da ONU, e pensa sumarse á querela interposta en Arxentina contra os crimes do franquismo, o seu último cartucho. Tamén lle escribiu ao presidente Zapatero.
"Non quero diñeiro, nin que me indemnicen, quero que se recoñeza publicamente que ao meu irmán matárono e era inocente. Non apoiaba a loita armada". Disto dan fe no documental Setembro do 75, recentemente galardoado na Seminci, varios ex compañeiros de Baena no FRAP.
A película mostra as manifestacións en París, Londres, Roma, Lisboa e Amsterdam ao berro de "Franco asasino!", que sucederon ás execucións, e que o ditador cualificou na súa última aparición en público, o 1 de outubro de 1975, de "conspiración masónica esquerdista". Tamén o testemuño de Vitoria Sánchez Bravo, que lembra como os membros do pelotón de fusilamento que se presentaron voluntarios para executar as sentenzas de morte celebraron diante dela que acababan de matar o seu irmán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario